Xoves 17 de Setembro de 2026
OpenSpace
Ola a todas e todos!
Para este reencontro despois da pausa do verán, unha nova actividade de Python Vigo, a proposta é organizar un Open Space este xoves 17 de setembro ás 20:00 en A Industriosa.
A idea é facer unha sesión de retrospectiva deste último ano para analizar entre todas e todos como podemos mellorar e que queremos cambiar de cara a esta nova tempada.
Será o momento perfecto para propoñer novas iniciativas, suxerir charlas, obradoiros que vos gustaría que organizásemos ou compartir calquera outra idea que poida axudar a seguir facendo medrar a comunidade.
- Open Space / Retrospectiva [20:00]
Dinámica aberta para facer balance, compartir propostas e falar de novas ideas, charlas e obradoiros. - PyBirras [21:10]
Ao rematar, achegarémonos a tomar algo a un local próximo para seguir conversando nun ambiente máis informal.
Agardámosvos! 🐍🍻
Esta actividade está patrocinada pola Xunta de Galicia e pola Axencia Para a Modernización Tecnolóxica (AMTEGA).
Compartir