Sábado 12 de Abril de 2025

OlivArmy: Tech + Beers

Quéreste desvincular das multinacionais no teu día a día dixital? Esta formación é para ti! Vén aprender a usar software libre e deixar Windows atrás, empregando KDE Neon como ferramenta central.

Agardámoste en A Industriosa para un obradoiro cheo de aprendizaxe, intercambio de ideas e networking con apaixonados da tecnoloxía. Despois, continuaremos a experiencia cunha cea nun restaurante próximo, perfecta para seguir compartindo anécdotas e fortalecer conexións.

Non perdas esta oportunidade de conectar, aprender e gozar nun ambiente inmellorable. ¡Vémonos alí! 🙌

O sábado 12 de abril de 18:00 a 23:00 na Industriosa. É recomendable traer o teu portátil.

Compartir