xTool F2 Ultra

Combina un láser MOPA de fibra de 60 W cun láser de díodo de 40 W, permitindo gravar e cortar metais e materiais como madeira, MDF, coiro ou acrílico. O seu láser MOPA permite tamén o prototipado de PCB mediante ablación directa do cobre, creación de pistas e pads e procesado de substratos compatibles.

Descripción

A xTool F2 Ultra é unha máquina profesional de gravado e corte láser de alta velocidade que combina nun único equipo un láser de fibra MOPA de 60 W e un láser de díodo azul de 40 W, permitindo traballar tanto con metais como cunha ampla variedade de materiais non metálicos.

O sistema MOPA de 60 W permite realizar marcado, gravado profundo, gravado en cor sobre determinados metais e corte de metal fino, mentres que o láser de díodo de 40 W amplía as posibilidades de fabricación sobre madeira, MDF, coiro, papel, cartón, tecidos ou acrílicos opacos.

Grazas ao seu sistema galvo, pode alcanzar velocidades de procesado de ata 15.000 mm/s, o que a converte nun equipamento especialmente adecuado para produción rápida, personalización de produtos, fabricación de placas identificativas, prototipado e pequenos traballos industriais.

Especificacións técnicas

• Láser de fibra: MOPA de 60 W.
• Lonxitude de onda MOPA: 1064 ± 5 nm.
• Láser de díodo: 40 W.
• Lonxitude de onda díodo: 445 ± 15 nm.
• Área de traballo: 220 × 220 mm.
• Velocidade máxima: 15.000 mm/s.
• Altura máxima de procesado: 150 mm.
• Enfoque: automático.
• Sistema de posicionamento: cámaras integradas.
• Cámaras: sistema dual de 48 MP.