Genmitsu 3018-PROVer
Descripción
Esta fresadora de escritorio realiza calquera traballo de recorte e gravado con gran precisión en materiais como madeira, metacrilato, acrílicos, plásticos, ABS, escuma, pasta de modelar, foam, espumados, metais brandos etc., e ten unha velocidade máxima de rotación de 12000 rpm.
Basicamente estamos a usar esta máquina para a produción de circuítos electrónicos, con fresas de 0.4 e 0.8 mm así como placa de cobre de FR1
Software utilizado
UGS (Universal Gcode Sender)
Unha plataforma de código G libre e completa empregada para interactuar con controladores CNC avanzados como GRBL, FluidNC, TinyG, g2core e Smoothieware. Universal Gcode Sender é unha aplicación Java autónoma que inclúe todas as dependencias externas e pode usarse na maioría dos ordenadores con Windows, MacOSX ou Linux.
Máis información en https://winder.github.io/ugs_website/
Especificacións técnicas


