Anycubic Photon Mono M5S
Descripción
A Anycubic Photon Mono M5S é unha impresora 3D de resina de alto rendemento, deseñada para usuarios que buscan precisión e velocidade. Equipada cunha pantalla monocromática de 10,1″ con resolución 12K, permite obter detalles finos en cada capa. O seu volume de impresión de 200 × 218 × 123 mm é adecuado para unha ampla gama de proxectos.
Unha das características destacadas é a súa nivelación automática, que elimina a necesidade de calibración manual, facilitando o proceso de preparación para a impresión. A impresora tamén conta cunha pantalla táctil de 4,3″, e un diseño robusto con estrutura de aleación de aluminio que garante estabilidade durante a impresión.
A Anycubic Photon Mono M5S é unha impresora fiable, precisa e fácil de usar para proxectos detallados.
Software utilizado
Anycubic Photon Workshop
O software oficial de laminado para impresións en resina de Anycubic.
Anycubic Photon Workshop é un programa gratuíto desenvolvido por Anycubic para preparar modelos 3D antes de imprimilos nas súas impresoras de resina. Funciona como laminador (slicer) e como ferramenta de edición básica.