Desktop PCB rework station with adjustable arm and monitor displaying a circuit board.

Andonstar AD409 Pro

Microscopio dixital de soldadura Andonstar AD409 Pro, con pantalla de 10,1" e gravación en 4K. Para soldar SMD, reparar placas e inspeccionar pistas e pegadas sen deixar a vista nel.

Descripción

Un microscopio para traballar mirando a pantalla, non polo ocular: pantalla IPS de 10,1 polgadas montada sobre a peza, así que se pode soldar, reparar unha placa ou revisar unha soldadura durante o tempo que faga falla sen acabar coa vista cansa. Grava en 4K (2160p) e saca imaxe por HDMI, por USB ao ordenador ou por WiFi, o que o fai cómodo tamén para ensinar: o que ve quen solda véno os demais nunha pantalla grande.

A columna é metálica, cun pé de 18 × 20 × 33 cm que xira 360° e inclínase adiante e atrás; a base grande e a distancia de traballo dan sitio para meter debaixo placas de bo tamaño. Leva luz LED con 8 niveis máis dúas luces laterais na base, orientables, e control remoto sen fíos para o zoom dixital e as capturas sen tocar o aparello (e sen movelo). As fotos e os vídeos gárdanse nunha tarxeta micro-SD.

Un detalle que importa máis do que parece: leva un filtro UV diante da lente que para a calor, o fume e o po da soldadura. É o que fai que a óptica non se estrague usándoo para o que se comprou.

Para que serve aquí: soldadura e retrabajo de SMD, reparación de placas, inspección de pistas e pegadas, revisión de pezas pequenas e impresións 3D con detalle fino.