Xoves 26 de Marzo de 2026
IA fiable: explicabilidade e cuantificación da incerteza
Vémonos este xoves 26 de marzo ás 20:00 na A Industriosa. Aínda que normalmente nos xuntamos o terceiro xoves de cada mes, nesta ocasión decidimos cambiar a data ao cuarto xoves do mes debido ao festivo.
Charla [20:00]
IA fiable: explicabilidade e cuantificación da incerteza (Pablo Vázquez)
Unha introdución sinxela que explica a utilidade e a necesidade de que os modelos de IA sexan comprensibles e transparentes cando as súas decisións afectan ás persoas. Todo isto no marco do AI Act, que establece requisitos legais para garantir modelos explicables e supervisables.
Lightning Talks [21:00]
Quen o desexe terá a oportunidade de contarnos algo en 5 minutos cronometrados.
PyBirras [21:10]
Achegarémonos a tomar algo a un local próximo.
Esta actividade está patrocinada pola Xunta de Galicia e pola Axencia Para a Modernización Tecnolóxica (AMTEGA).
Compartir