Publicado o Domingo 7 de Xuño de 2026

Gradiant doa novos equipos informáticos a A Industriosa

O pasado 5 de xuño, recibimos por parte de Gradiant a doazón de 14 ordenadores e 10 monitores destinados a reforzar o equipamento tecnolóxico de A Industriosa.

Este material permitiranos actualizar os equipos que actualmente están dispoñibles para que as nosas socias e socios poidan manexar as máquinas do Fab Lab e desenvolver os seus proxectos con mellores recursos. Ademais, será unha peza importante para o futuro desenvolvemento dunha aula de formación fixa nas nosas instalacións.

Desde A Industriosa queremos agradecer sinceramente a Gradiant esta cesión e o seu apoio á nosa comunidade. A reutilización destes equipos contribúe a prolongar a súa vida útil e axúdanos a seguir creando un espazo aberto para aprender, fabricar, experimentar e compartir coñecemento.

Moitas grazas, Gradiant, por colaborar co crecemento de A Industriosa!

Compartir