Xoves 18 de Decembro de 2025

Feature Engineering y arquitectura en Feature Store con Python

Achégase a última reunión do ano! Vémonos este xoves, 18 de decembro, ás 20:00 na Industriosa.

Calquera proxecto de análise de datos ten un punto en común: entender o problema de negocio e construír variables a partir dos datos dispoñibles. Este paso, coñecido como feature engineering, é onde a linguaxe é clave para optimizar o procesamento e obter valor para os nosos modelos.

Pero, como se leva isto a un contorno real? Nesta charla afondaremos nos retos de arquitectura e escalabilidade necesarios para operar en produción.

Feature Engineering e arquitectura en Feature Store con Python, por Estela

Nesta charla veremos como facemos feature engineering en produción para calcular o risco dos nosos clientes en tempo real, que arquitectura utilizamos actualmente e cando necesitamos Python puro e cando traballamos con Pandas ou PySpark.

Lightning Talks

Quen o desexe ten a oportunidade de contarnos algo en 5 minutos cronometrados mini demos, trucos ou librarías.

PyBirras

Achegarémonos a tomar algo a un local próximo.

Esta actividade está patrocinada pola Xunta de Galicia e pola Axencia Para a Modernización Tecnolóxica (AMTEGA).

Compartir