Do esquema ao PCB: Primeiros pasos con KiCad
O próximo 14 de febrero realizaremos un obradoiro de iniciación a KiCad e a fabricación de PCBs usando unha CNC.
Na Industriosa estamos inmersos na realización dos proxectos que saíron da IV Convocatoria de Proxectos Tecnolóxicos. Despois de facer prototipos con protoboars ou kits de desenvolvemento xa chegou o momento de deseñar e producir as nosas placas para os microcontroladores, compoñentes electrónicos (principalmente SMD), sensores, conexións… de forma local.
A idea o taller é aprender os pasos para xerar os ficheiros gcode necesarios para fresar as nosas placas usando unha CNC (por Control Numérico Computerizado) feita con hardware libre e controlada con GRBL.
Para iso veremos como deseñar a pcb en KiCad usando os parámetros necesarios para non ter problemas á hora de fabricar as placas, así como os pasos para seguir desde que exportamos os ficheiros en SVG e convertémolos nos GCode finais usando software libre como Gimp,.
Finalmente veremos os axustes e uso da CNC con programas de control numérico como UGS (https://winder.github.io/ugs_website/) para fresar as pistas ou os cortes na placa de cobre.
Ademais veremos os materiais que necesitaremos ter no noso fab lab, así como o postprocesado que deberemos facer para preparalas antes de empezar a soldar.
O obradoiro empezará ás 10 da mañá e terá unha duración de 2 horas, e logo xa tempo para que os participantes fagan as súas primeiras placas.
Recoméndase aos asistentas traer o seu portátil con KiCad e Gimp instalado.
Compartir