Martes 17 de Xuño de 2025

Coding Dojo & PulpoCon25

De volta aos coding dojo. Último coding-dojo da tempada. Achégase o verán e o tempo de vacacións. E tamén o momento de botar o resto para deixar lista a PulpoCon25.

Que imos facer nesta sesión?

Terás que vir para descubrilo.

Haberá faladoira post-evento?

Por suposto, despois do meetup teremos o noso momento distendido de conversa, como debe ser.

Xa sabedes como o facemos grazas aos nosos colaboradores Boardfy e Qualifyze.

Esta actividade está patrocinada pola Xunta de Galicia e pola Axencia Para a Modernización Tecnolóxica (AMTEGA).

Compartir