Coding Dojo
Nesta sesión tomamos un pequeno descanso da IA e volvemos ao formato máis clásico do Coding Dojo, cunha proposta de exercicio que desvelaremos durante a propia sesión.
🥷 Que imos facer nesta sesión?
Propoñerase un exercicio de código para desenvolver entre todas as persoas participantes en formato mob programmingou pair programming.
A idea é practicar, compartir enfoques, aprender facendo e pasar un bo rato programando en grupo.
🍻 Haberá unha charla posterior ao evento?
Por suposto, despois da reunión teremos o noso tempo de conversa relaxada, como debe ser.
Xa sabes como facemos as cousas grazas aos nosos colaboradores A Industriosa e Qualifyze.
ALGÚNHA DÚBIDA?
Se tes algunha dúbida, podes atoparnos dándoo todo na canle #craftersvigo na canle de Slack de VigoTechAlliance. https://join.slack.com/t/vigotechalliance/shared_invite/zt-269b5wgyf-vA5HFRvjjWjejITZ8rbFng
Compartir