Xoves 19 de Febreiro de 2026
Charlas relámpago
Este xoves 19 de febreiro temos reunión na Industriosa ás 20:00!
Para a reunión deste mes estamos a valorar facer algo diferente: varias charlas relámpago en lugar dunha charla principal.
A idea é dar un tempo, entre 10 e 15 minutos por persoa, para que poidades compartir algo con máis calma.
Non fai falta que sexa algo superpreparado nin ultra técnico. Pode ser, por exemplo:
- Un side project
- Algo que esteas a aprender
- Un problema interesante que resolviches
- Unha ferramenta que esteas a probar ou que acabes de descubrir
Podedes apuntarvos aquí: 👉 https://tally.so/r/rjA1aM
É simplemente para saber cantas persoas anímanse e poder organizar mellor a sesión. Se alguén decide lanzarse o mesmo día, tamén será benvido.
Charlas relámpago [20:00]
Charlas relámpago de 10 a 15 minutos.
PyBirras [21:10]
Achegarémonos a tomar algo a un local próximo.
Compartir