Novo mes, nova actividade!

Durante setembro imos probar un novo tipo de actividade: As xornadas abertas. Ata o comezo da pandemia abríamos as portas martes, mércores e sábado para que os socios poideran traballar nos seus proxectos, botar unha man a alguén ou ir botar unha parrafada sen maiores pretensións. Agora nos gustaría abrir tamén a outra xente interesada para que nos poida visitar os sábados de setembro de 11 a 14 horas, ver que facemos e botar unha man se se animan. Para que vos fagades unha idea, os socios veñen traballando en proxectos coma estes:

● Sistema de apertura remota e autenticada do local de A Industriosa.
● Máquina recreativa retro-gaming baseada en SW libre (libretro, libGDX, retroarch…).
● Barco autónomo a escala, empregando proxectos de Software Libre como OpenCV, Linux, Ardupilot…
● Proxectos educativos de programación de placas de desenvolvemento en uPython.
● Proxecto para o desenvolvemento de sensor CO2 Open Source baseado no proxecto CO2box https://github.com/felixgomez/co2box.
● Desenvolvemento de OpenPipe v2, instrumento musical MIDI OpenHardware.

A calqueira persoa que teña algo de inquietude e nos quera visitar é benvida. Os menores de idade deberán contar coa presenza dun adulto responsable. Debido as restriccións de aforo que debemos respetar, necesitaremos que nos avisedes con antelación de que ides vir. Para iso, crearemos eventos no noso meetup.

Esta actividade está patrocinada pola Xunta de Galicia e pola Axencia Para a Modernización Tecnolóxica (AMTEGA).