Neste taller aprenderemos os conceptos básicos para poder sacar proveito ao son de alta resolución en sistemas GNU/Linux, consellos tanto no uso de certo hardware como de configuracións de software e de ecualización da nosa sala de escoita.
Tamén aprenderemos a usar Audacity para analizar arquivos de música e a optimizar varias ferramentas libres para reproducir arquivos Hi-Res.
É recomendable traer o teu portátil ao taller e ter Audacity instalado nel, ademais de auriculares para non molestar ao resto dos participantes durante as prácticas.
Público obxectivo:
Todas as pesonas ás que lle guste escoitar música e gusten de espremer ao máximo os seus equipos e aplicacións, para conseguir a mellor calidade sonora.
Jorge Lama é membro de varios colectivos relacionados co mundo do software libre e a cultura libre.
Gústame a tecnoloxía e a música, e gozo utilizando tecnoloxías libres.
Tamén me gusta dar charlas e talleres, tentado dar a coñecer estes mundos.
Levo máis de 10 anos producindo podcast, polo que teño coñecemento en temas de gravación e edición de son, así como de micrófonos, interfaces de son, altofalantes e outro tipo de cacharros (amplificadores, ecualizadores, crossovers, #etc).
Son coordinador do Banco de reciclaxe electrónica na Coruña de Enxeñería Sen Fronteiras, onde preparamos equipos usados con software libre e doámolos a través de diferentes entidades.
Esta charla/obradoiro terá lugar o vindeiro sábado 13 de xullo entre as 11:00 e as 13:30 no local da asociación na rúa Gregorio Espino, 38, entreplanta 3, 36205 Vigo, Pontevedra.
Para participar debes de realizar a túa inscrición gratuita en meetup.
Esta actividade está patrocinada pola Xunta de Galicia e pola Axencia Para a Modernización Tecnolóxica (AMTEGA).