O equipo de robots segueliñas de A Industriosa está a organizar uns obradoiros nos que se traballará no desenvolvemento dun firmware para competición na categoría de velocistas da OSHWDem totalmente escrito na linguaxe Rust.

O próximo sábado 17 de febreiro terá lugar una sesión inicial na que se dará unha breve introdución á normativa da competición, ó deseño dun robot segueliñas e tamén ó hardware que se empregará nos obradoiros.

Tanto o deseño da placa que se empregará como un proxecto básico do firmware se poden atopar no Github de A Industriosa:
https://github.com/aindustriosa/RustyBugA-board
https://github.com/aindustriosa/RustyBugA

A sesión inicial terá lugar vindeiro sábado 17 de febreiro entre as 11:00 e as 13:00 no local da asociación na rúa Gregorio Espino, 38, entreplanta 3, 36205 Vigo, Pontevedra

Para participar debes de realizar a túa inscrición gratuita en meetup.

Esta actividade está patrocinada pola Xunta de Galicia e pola Axencia Para a Modernización Tecnolóxica (AMTEGA).