O vindeiro xoves 20 de Xuño, en colaboración co grupo de usuarios de Python Vigo, nesta ocasión temos charla e Lightnings talks.

Introducción a fsspec por David de la Iglesia Castro

David falaranos de fsspec, un proxecto enfocado a proporcionar unha API pythonic consistente coa que interactuar cos sistemas de ficheiros, do mesmo xeito, independentemente do backend de almacenamento.

Lightning Talks

Quen o desexe ten a oportunidade de contarnos algo en 5 minutos cronometrados

Esta actividade está patrocinada pola Xunta de Galicia e pola Axencia Para a Modernización Tecnolóxica (AMTEGA).

Máis información en python-vigo.