O vindeiro xoves 20 de marzo, en colaboración co grupo de usuarios de Python Vigo, nesta ocasión temos charla e Lightnings talks.

Axentes de IA para o traballo, para o fogar, para a diversión, para que? por Alex Hermida

Revisaremos os conceptos básicos sobre axentes, as características que os rodean así como algún dos principais frameworks e as súas aplicacións prácticas.

Lightning Talks

Quen o desexe ten a oportunidade de contarnos algo en 5 minutos cronometrados

Esta actividade está patrocinada pola Xunta de Galicia e pola Axencia Para a Modernización Tecnolóxica (AMTEGA).

Máis información en python-vigo.