O vindeiro xoves 20 de Febreiro, en colaboración co grupo de usuarios de Python Vigo, nesta ocasión temos charla e Lightnings talks.
Como evitar alucinacións en ChatGPT coa arquitectura RAG por Maryna Bogdan
Nesta charla veremos como reducir a xeración de información incorrecta en modelos de linguaxe de gran escala como ChatGPT, utilizando a arquitectura RAG (Retrieval-Augmented Generation). Analizaremos como integrar LLMs con bases de coñecemento externas para mellorar a precisión e confiabilidad das respostas xeradas.
Lightning Talks
Quen o desexe ten a oportunidade de contarnos algo en 5 minutos cronometrados
Esta actividade está patrocinada pola Xunta de Galicia e pola Axencia Para a Modernización Tecnolóxica (AMTEGA).
Máis información en python-vigo.
