O vindeiro xoves 16 de Xaneiro, en colaboración co grupo de usuarios de Python Vigo, nesta ocasión temos charla e Lightnings talks.
Tinkering with CLI: Refining your terminal toolbox with pipx por Daniel Sanchez
Nesta charla exploraremos como optimizar a túa contorna de liña de comandos utilizando pipx, unha ferramenta deseñada para instalar e xestionar aplicacións Python de forma illada.
Lightning Talks
Quen o desexe ten a oportunidade de contarnos algo en 5 minutos cronometrados
Esta actividade está patrocinada pola Xunta de Galicia e pola Axencia Para a Modernización Tecnolóxica (AMTEGA).
Máis información en python-vigo.
