A PyConES2024 está ao virar a esquina e temos tantas ganas de Python que habemos decido durante setembro, facer algúns talleres e ir preparándonos para o que vén.
Nesta ocasión Francisco Puga, socio-traballador en iCarto vén falar de MkDocs un xerador de páxinas estáticas en Python.
Nesta charla-taller migraremos en directo un blog de WordPress a Material for MkDocs.
Polo camiño filosofaremos sobre porque ter un blog, discutiremos outras opcións de páxinas estáticas con Python e se nos dá tempo algúns truquillos extra.
O taller é completamente gratuíto, o único que necesitarás será, coñecementos básicos de Python e un portátil. Todo o demais facilitarémoscho unha vez inscríbasche.
Esta segunda sesión terá lugar o vindeiro martes 1 de outubro entre as 19:00 e as 20:30 no local da asociación na rúa Gregorio Espino, 38, entreplanta 3, 36205 Vigo, Pontevedra.
Para participar debes de realizar a túa inscrición gratuita en meetup.