A PyConES2024 está ao virar a esquina e temos tantas ganas de Python que habemos decido durante setembro, facer algúns talleres e ir preparándonos para o que vén.
Nesta ocasión Mercedes Rodríguez, Google developer Expert e organizadora de GalsTech vén introducirnos en Google Gemini e function calling.
Veremos como utilizar a funcionalidade Function Calling de Gemini para entender que nos está pedindo o usuario e extraer da súa consulta a información necesaria para procesar a súa petición, realizar a xestión e devolver a resposta no formato adecuado.
Para iso, utilizaremos o lab que Google pon ao dispor Introduction to Function Calling with Gemini.
O taller é completamente gratuíto, o único que necesitarás será, coñecementos básicos de Python e un portátil. Todo o demais facilitarémoscho unha vez inscríbasche.
Esta segunda sesión terá lugar o vindeiro xoves 12 de setembro entre as 19:00 e as 20:30 no local da asociación na rúa Gregorio Espino, 38, entreplanta 3, 36205 Vigo, Pontevedra.
Para participar debes de realizar a túa inscrición gratuita en meetup.