A conferencia máis grande da comunidade Python en España, celebrarase en Vigo do 4 ao 6 de outubro no Auditorio Mar de Vigo, organizada exclusivamente por voluntarios e atraendo a máis de 800 programadores de software de toda España. Intelixencia Artificial, Big Data, desenvolvemento de videoxogos ou desenvolvo web serán entre moitas outras, temáticas durante a conferencia. Contaremos durante os 3 días da presenza de máis de 20 empresas patrocinadoras, moitas delas en procura de talento.
O vindeiro xoves 26 de setembro celebraremos un acto de apertura no Edificio Redeiras da Universidade de Vigo no Berbés. Para iso contaremos coa presenza de profesionais do sector que traballan en empresas como Google, Red Hat así como en empresas locais.
A Asociación Tecnolóxica A Industriosa é unha das entidades colaboradoras co evento.
Máis información en https://2024.es.pycon.org.