Este outubro empezamos forte cun obradoiro o sábado 2 para que nenos e os seus maiores aprendan a programar nunhas placas moi chulas que facilitaremos nos. Rexistrádevos no noso Meetup. Aquí vai a información:
Obradoiro de Micro:bit para nenas e nenos entre 7 e 12 anos no que participarán en compañia dun adulto.
As placas Micro:bit naceron no 2016 nun proxecto impulsado pola BBC do Reino Unido e hoxe en día e un dos proxectos mais extendidos a nivel internacional no ensino e introdución a programación e electrónica.
O obradoiro durará media xornada na que as nenas e nenos achegaranse ó mundo da programación por bloques mediante distintas actividades e xogos.
Para elo, utilizaremos recursos que pon a nosa disposición o ecosistema Micro:bit.
Principalmente empregaremos o entorno de programación por bloques MakeCode, un editor gráfico de código aberto para a aprendizaxe e inicio á programación.
Dende A Industriosa facilitaremos as placas e o material necesario para as actividades, soamente será necesario un ordenador portátil por familia.
Nesta ocasión o evento celebrarase no noso local, na rua Barcelona 13. Para tomar as máximas precaucións as plazas están limitadas a 7 familias, e máximo dous nenos acompañados dun adulto por familia.
Evento patrocinado por Xunta de Galicia e Amtega Axencia para a Modernización Tecnolóxica.