O próximo 18 de Marzo volvemos as Katas de Rust da industriosa, será a segunda, cos seguintes horarios:

  • 9:30 - 10:00 -> Almorzo nas Ramblas(Pegada ao taller)
  • 10:00 - 12:00 -> Pair-programming de prototipo dende a última kata.
  • 12:00 - 13:30 -> Presentación dos problemas encontrados na última kata.
    • Problemas de targets (Esp e STM32)
    • Problemas co embedded-hal
    • Configuración editor.
  • 13:30 - 14:00 -> Recapitulación e votación da presentación do seguinte tema.

As katas de Rust é un espacio onde varios desenvolvedores traballan xuntos nun problemas especifico sobre Rust, e falamos dunha introducción ao final da kata de como mellorar os nosos proxectos. As katas estan lideradas por Eloy Coto, software engineer en Red Hat.

Para participar debes de realizar a túa inscrición gratuita en meetup.

Esta actividade está patrocinada pola Xunta de Galicia e pola Axencia Para a Modernización Tecnolóxica (AMTEGA).