FreeCAD (https://www.freecad.org/) é un programa de modelado paramétrico 3D moi versátil e adecuado para diversidade de perfís de usuario. Ademais, é software libre, multiplataforma (Windows, MacOS e GNU/Linux) e gratuíto. A súa versatilidade fai deste programa un complemento ideal para a impresión 3D e a fabricación dixital, en xeral. Aprenderemos a manexar a última version que esta a piques de sair, o FreeCAD 1.0.0 (https://github.com/FreeCAD/FreeCAD/releases).
As datas do obradoiro serán o vindeiro martes 26 de novembro, o xoves 12 e o mércores 18 de decembro de 19:00 a 21:00 realizaremos unha serie de obradorios de FreeCAD coa idea de adquirir os coñecementos para manexar con soltura a ferramenta.
Ao final de cada sesión propoñeranse unha serie de exercicios para desenvolver en casa ou no local, e aproveitar durante ese tempo para investigar e aprender a manexar a ferramenta. Non hai que dicir, que no local ou no telegram poderase consultar dúbidas aos demais socios da asociación.
O contido do curso está estructurado en 6 módulos:
Martes 26 de Novembro
Módulo 1: Introducción a FreeCAD
Obxetivo: Instalar e coñecer o programa FreeCAD e aprender a moverse na
súa contorna.
Temas a ver:
• Que é FreeCAD? Como instalalo
• Percorrido polas ferramentas principais e a área de traballo.
• Como moverse no espazo 3D: achegarse, afastarse, virar e desprazarse.
• Como gardar e diferentes arquivos que permite exportar.
Práctica: Crear un arquivo novo, axustar a vista e gardar o traballo.
O que se aprenderá: Familiarizaranse con FreeCAD, entendendo como é a súa contorna de traballo e manexando as ferramentas principais, para poder desenvolverse con soltura no programa.
Módulo 2: Modelado Paramétrico
Obxectivo: Descubrir como facer modelos e cambiar facilmente sen ter que volver facelos
desde cero.
Temas a ver:
• Que é o deseño paramétrico e por que é útil.
• Como agregar medidas específicas nos bosquexos para axustar o deseño.
• Modificar as dimensións para actualizar o deseño rapidamente.
Práctica: Crear unha peza sinxela, como unha arandela, axustando as dimensións para ver como cambia o deseño.
O que se aprenderá: Coñecerán como crear deseños que se poidan modificar rapidamente, facéndoos máis versátiles.
Xoves 12 de Decembro
Módulo 3: Operacións Booleanas e Ensamblaxe
Obxectivo: Aprender a unir e ensamblar varias pezas para crear deseños máis
complexos.
Temas a ver:
• Tipos de combinacións: unir, restar e atopar a área en común de dúas pezas.
• Organización de obxectos no espazo de traballo.
• Uso do módulo de ensamblaxe para xuntar varias pezas.
Práctica: Crear unha caixa e unha tapa, e aprender a ensamblalas.
O que se aprenderá: Saberán como unir pezas en FreeCAD, permitíndolles crear
modelos completos formados por varias partes.
Módulo 4: Modelado 3D mediante bosquexos
Obxectivo: Aprender a crear bosquexos e transformalos en modelos 3D.
Temas a ver:
• Bosquexos (Sketches): Debuxo de liñas, círculos e outras figuras.
• Extrusión: Transformar un bosquexo nun obxecto 3D.
• Movementos básicos: rotar, mover e escalar as formas.
• Importar bosquexos
Práctica: Crear un cubo e unha esfera e practicar como movelas e modificalas. (por definir)
O que se aprenderá: Aprenderán a facer figuras simples en 3D con bosquexos e a manexalas, establecendo unha base sólida para traballar no deseño 3D.
Mércores 18 de Decembro
Módulo 5: Práctica de Creación de Pezas
Obxectivo: Consolidar os coñecementos adquiridos no curso e gañar soltura no uso das ferramentas de FreeCAD mediante a creación de varias pezas prácticas.
Temas a ver:
Repaso de ferramentas clave: Sketcher, operacións booleanas, ensamblaxe e exportación.
Aplicación de deseño paramétrico: Axustar e modificar parámetros en pezas.
Exercicios prácticos:
• Peza 1: Crear unha engrenaxe simple utilizando ferramentas de bosquexo e extrusión.
• Peza 2: Deseñar unha abrazadera axustable, usando dimensións paramétricas para cambiar o seu tamaño.
• Peza 3: Crear un soporte en ángulo (por exemplo, para o teléfono) usando operacións booleanas.
• Peza 4: Deseño dunha tapa e base que encaixen entre si, aplicando técnicas de ensamblaxe.
• Peza 5: Un llavero personalizado para reforzar as habilidades de exportación para impresión 3D.
O que se aprenderá: Os estudantes terán a oportunidade de repetir e perfeccionar cada etapa do deseño en FreeCAD, gañando maior confianza e rapidez no uso das ferramentas. Isto permitiralles enfrontarse a novos deseños de forma autónoma e eficiente.
Módulo 6: Preparación para Impresión 3D
Obxectivo: Preparar o modelo para imprimilo en 3D ou levalo a un lugar de impresión.
Temas a ver:
• Exportar o arquivo en formatos como STL e OBJ (os máis usados en impresión 3D).
• Crear un pdf co noso modelo para imprimir. Alzado, planta e perfil.
• Revisar o modelo nun programa especial para impresión 3D, como Cura.
Práctica: Crear un modelo sinxelo, exportalo en formato STL e revisalo nun programa de impresión 3D.
O que aprenderán: Saberán como preparar os seus deseños para levalos a unha impresora 3D, listos para seren impresos de maneira efectiva.
Para facer a inscripción debedes de cubrir o seguinte formulario (https://forms.gle/VmoK4vvEKeTThPzT8). Inicialmente está pensado para socios da Industriosa, polo que terán preferencia os socios.
Colabora KidCode