Este 2025 tivemos a sorte de contar con tres investigadores da Universidade da Coruña, vinculados á Escola Técnica Superior de Arquitectura (ETSAC), que estiveron a cursar o Fab Academy no noso Fab Lab.
O Fab Academy é un programa internacional da rede de Fab Labs, coordinado por Neil Gershenfeld do MIT, no que cada ano máis de 250 persoas en todo o mundo aprenden a traballar con fabricación dixital, prototipado rápido e deseño electrónico e mecánico.
Durante seis meses moi intensos, estes investigadores foron aprendendo semana a semana a través de retos prácticos, ata chegar á meta final: desenvolver un proxecto propio que reúna todas as habilidades adquiridas.
E que veremos na presentación?
Os dous primeiros graduados de A Industriosa no Fab Academy compartirán os seus proxectos finais:
• The Bending Bench – proxecto final de Pepe Vázquez
• Structural Monitoring of a Timber Arch – proxecto final de Francisco Ruz Quiroga
Ademais, coñeceremos o traballo en equipo no deseño e construción da máquina Camera Slide, creada durante a semana 12 (Mechanical design, machine design).
Por último, os investigadores da UDC contarán en primeira persoa como foi esta aventura: os retos semanais, as aprendizaxes, os prototipos que foron nacendo… e todo o que significa vivir a experiencia do Fab Academy.
Máis información e detalles do Fab Academy en: FabAcademy.com.
Para participar debes de realizar a túa inscrición gratuita en meetup.
Fab Academy 2026 en A Industriosa
Durante o primeiro semestre de 2026, A Industriosa será de novo nodo oficial do Fab Academy.
O prazo de inscrición para novos estudantes xa está aberto a través da web oficial FabAcademy.com.
Se queres cursar o Fab Academy dende Vigo, ponte en contacto connosco en info@aindustriosa.org
