Que é a computación cuántica? Temos a sorte de que Ana a Almécija veña a resolver as nosas dúbidas.
Nesta charla Ana falará das bases da computación cuántica; dos diferentes enfoques, estratexias e desafíos pendentes; das aplicacións das tecnoloxías cuánticas á criptografía postcuántica e da distribución de claves cuánticas; e de como se van abordar estes problemas en ARQA, a Alianza de Centros Tecnolóxicos para a innovación en aplicacións Quantum Computing para a empresa (Rede de Excelencia Cervera) co obxectivo de facilitar a transferencia de coñecemento á empresa.
Ana traballa no ITG Instituto Tecnolóxico de Galicia, onde esta a traballar nas aplicacións de Quantum Computing(ARQA). Ademais antes, Ana estivo ligada a temas relacionados co “Deep Tech”, en lugares como o CETMAR, CITIC ou na universidade da Coruña.
Ana é a segunda vez que presenta na Industriosa, estando moi ligada ao nacemento da Industriosa, colaborando nos seus inicios, ao que estamos moi agradecidos!
Esta charla terá lugar o vindeiro mércores 30 de outubro entre as 19:00 e as 20:30 no local da asociación na rúa Gregorio Espino, 38, entreplanta 3, 36205 Vigo, Pontevedra.
Para participar debes de realizar a túa inscrición gratuita en meetup.
Esta actividade está patrocinada pola Xunta de Galicia e pola Axencia Para a Modernización Tecnolóxica (AMTEGA).