Entramos en tempada de charlas. Nesta ocasión, Rolando Caldas proponnos enfrontarnos a unha crúa realidade: Non, o que fas non é DDD (e tampouco pasa nada).

Nesta charla, Rolando falaranos de como en moitas ocasións o coñecemento superficial de certos patróns e a súa aplicabilidade ao noso caso, lévanos a interpretar que estamos a seguir certas prácticas cando non é así. Con todo, iso non é necesariamente malo.

Que imos facer nesta sesión?

Esta vez teremos charla e coloquio, polo que non é necesario que traias ordenador.

Haberá faladoira post-evento?

Por suposto, despois do meetup teremos o noso momento distendido de conversa, como debe ser.

Xa sabedes como o facemos grazas aos nosos colaboradores Boardfy e Qualifyze.

Para participar debes de realizar a túa inscrición gratuita en meetup.