Unha actividade coorganizada con CraftersVigo coa vontade de achegar o movemento “crafter” e o “clean code” á comunidade de desarrolladores de Galicia e a súa área de influencia.
A través de charlas e o noso coding-dojo queremos descubrir, aprender e dominar as diferentes técnicas, arquitecturas e modelos para ser mellores profesionais máis aló da linguaxe utilizada.
Que imos facer nesta sesión?
Nesta ocasión contamos cunha interesante charla de Alberte Mozo, Staff Software Engineer en Exoticca, sobre que é o que fai valiosos os nosos tests: Test desiderata, un conxunto de propiedades definindas por Kent Beck e Kelly Sutton.
https://codingdojo.org/kata/cupcake/
Esta vez teremos charla e coloquio, polo que non é necesario que traias ordenador.
Haberá faladoira post-evento?
Por suposto, despois do meetup teremos o noso momento distendido de conversa, como debe ser.
Xa sabedes como o facemos grazas aos nosos colaboradores Boardfy e Qualifyze.
Para participar debes de realizar a túa inscrición gratuita en meetup.
