Unha actividade coorganizada con CraftersVigo coa vontade de achegar o movemento “crafter” e o “clean code” á comunidade de desarrolladores de Galicia e a súa área de influencia.

A través de charlas e o noso coding-dojo queremos descubrir, aprender e dominar as diferentes técnicas, arquitecturas e modelos para ser mellores profesionais máis aló da linguaxe utilizada.

Outra semana máis, volvemos co único Coding Dojo que termina con empanadas, pero das ricas, non das que se nos forma na cabeza tras traballar nun problema complicado.

Que imos facer nesta sesión?

A kata consiste en crear un programa para calcular as puntuacións do xogo dos Bolos, aínda que para evitar complicalo moito só se calcula o resultado final e non se fan validacións sobre as puntuacións.

Imos traballar coa Bowling Game kata, un exercicio clásico de TDD onde a fase de refactorización xoga un papel especialmente importante.

https://github.com/CraftersVigo/katas/tree/64b232853c4925351e6992cd95cc7893aba39a42/bowling

Que tes que traer

Se podes, trae o teu portátil, preparado cunha contorna no que poidas traballar comodamente na túa linguaxe preferida e con tests, pois preferimos abordar os exercicios con TDD. Se ademais vés con ganas de charlar e participar levarasche un 10 sobre 10

Se, pola razón que sexa, non podes traer o teu propio computador, non hai problema. Como é habitual, traballaremos en pequenos grupos.

Haberá faladoira post-evento?

Por suposto, despois do meetup teremos o noso momento distendido de conversa, como debe ser.

Xa sabedes como o facemos grazas aos nosos colaboradores Boardfy e Qualifyze.

Para participar debes de realizar a túa inscrición gratuita en meetup.