Unha actividade coorganizada con CraftersVigo coa vontade de achegar o movemento “crafter” e o “clean code” á comunidade de desarrolladores de Galicia e a súa área de influencia.
A través de charlas e o noso coding-dojo queremos descubrir, aprender e dominar as diferentes técnicas, arquitecturas e modelos para ser mellores profesionais máis aló da linguaxe utilizada.
Outra semana máis, volvemos co único Coding Dojo que termina con empanadas, pero das ricas, non das que se nos forma na cabeza tras traballar nun problema complicado.
Que imos facer nesta sesión?
Para esta ocasión imos propoñer a Score Keeper Kata, un exercicio que parece sinxelo, pero ao que lle poderemos dar algún xiro interesante.
https://github.com/CraftersVigo/katas/blob/main/score-keeper/README.md
Que tes que traer
Se podes, trae o teu portátil, preparado cunha contorna no que poidas traballar comodamente na túa linguaxe preferida e con tests, pois preferimos abordar os exercicios con TDD. Se ademais vés con ganas de charlar e participar levarasche un 10 sobre 10
Se, pola razón que sexa, non podes traer o teu propio computador, non hai problema. Como é habitual, traballaremos en pequenos grupos.
Para participar debes de realizar a túa inscrición gratuita en meetup.
