Unha actividade coorganizada con CraftersVigo coa vontade de achegar o movemento “crafter” e o “clean code” á comunidade de desarrolladores de Galicia e a súa área de influencia.
A través de charlas e o noso coding-dojo queremos descubrir, aprender e dominar as diferentes técnicas, arquitecturas e modelos para ser mellores profesionais máis aló da linguaxe utilizada.
Que imos facer nesta sesión?
Retomaremos a actividade de Coding-dojo e, tras poñer o conto ao día, faremos algún exercicio en pair-programming.
Que tes que traer
Se podes, trae o teu portátil, preparado cunha contorna no que poidas traballar comodamente na túa linguaxe preferida e con tests, pois preferimos abordar os exercicios con TDD. Se ademais vés con ganas de charlar e participar levarasche un 10 sobre 10
Se, pola razón que sexa, non podes traer o teu propio computador, non hai problema. Como é habitual, traballaremos en pequenos grupos.
Para participar debes de realizar a túa inscrición gratuita en meetup.
![Cartel Coding Dojo](/Coding_Dojo_52/Cartel_craftersVigo52.jpg)