Unha actividade coorganizada con CraftersVigo coa vontade de achegar o movemento “crafter” e o “clean code” á comunidade de desarrolladores de Galicia e a súa área de influencia.

A través de charlas e o noso coding-dojo queremos descubrir, aprender e dominar as diferentes técnicas, arquitecturas e modelos para ser mellores profesionais máis aló da linguaxe utilizada.

Que imos facer nesta sesión?

Seguiremos traballando co exercicio Bank OCR que nos expón uns cuantos problemas interesantes, como parseo e validación, entre outras cousas. Aínda que dependendo das asistentes poderiamos decidir enfrontar outro problema. Quen sabe.

codingdojo.org

github

Que tes que traer

Se podes, trae o teu portátil, preparado cunha contorna no que poidas traballar comodamente na túa linguaxe preferida e con tests, pois preferimos abordar os exercicios con TDD. Se ademais vés con ganas de charlar e participar levarasche un 10 sobre 10

Se, pola razón que sexa, non podes traer o teu propio computador, non hai problema. Como é habitual, traballaremos en pequenos grupos.

Que tes que traer

Esta vez con que veñas é suficiente. Se ademais vés con ganas de charlar e participar levarasche un 10 sobre 10.

Se, pola razón que sexa, non podes traer o teu propio computador, non hai problema. Como é habitual, traballaremos en pequenos grupos.

Para participar debes de realizar a túa inscrición gratuita en meetup.

Esta actividade está patrocinada pola Xunta de Galicia e pola Axencia Para a Modernización Tecnolóxica (AMTEGA).