Unha actividade coorganizada con CraftersVigo coa vontade de achegar o movemento “crafter” e o “clean code” á comunidade de desarrolladores de Galicia e a súa área de influencia.
A través de charlas e o noso coding-dojo queremos descubrir, aprender e dominar as diferentes técnicas, arquitecturas e modelos para ser mellores profesionais máis aló da linguaxe utilizada.
Que imos facer nesta sesión?
Nestas ocasión, traballaremos co exercicio Bank OCR que nos expón uns cuantos problemas interesantes, como parseo e validación, entre outras cousas. E como o exercicio pode ser bastante interesante, nesta ocasión valoraremos se continuar co mesmo nas seguintes sesións.
Que tes que traer
Se podes, trae o teu portátil, preparado cunha contorna no que poidas traballar comodamente na túa linguaxe preferida e con tests, pois preferimos abordar os exercicios con TDD. Se ademais vés con ganas de charlar e participar levarasche un 10 sobre 10
Se, pola razón que sexa, non podes traer o teu propio computador, non hai problema. Como é habitual, traballaremos en pequenos grupos.
Que tes que traer
Esta vez con que veñas é suficiente. Se ademais vés con ganas de charlar e participar levarasche un 10 sobre 10.
Se, pola razón que sexa, non podes traer o teu propio computador, non hai problema. Como é habitual, traballaremos en pequenos grupos.
Para participar debes de realizar a túa inscrición gratuita en meetup.
Esta actividade está patrocinada pola Xunta de Galicia e pola Axencia Para a Modernización Tecnolóxica (AMTEGA).