Unha actividade coorganizada con CraftersVigo coa vontade de achegar o movemento “crafter” e o “clean code” á comunidade de desarrolladores de Galicia e a súa área de influencia.
A través de charlas e o noso coding-dojo queremos descubrir, aprender e dominar as diferentes técnicas, arquitecturas e modelos para ser mellores profesionais máis aló da linguaxe utilizada.
Que imos facer nesta sesión?
Este meetup será un pouco diferente. En lugar do noso habitual coding-dojo no que realizamos unha kata expómosvos vir gozar e vivir o noso primeiro open space.
Cómo funciona?
Durante os primeiros minutos do open space, calquera dos participantes pode propoñer un tema que, tradicionalmente, escribe nun post-it e pégao nun panel.
Tras ter todos os temas propostos, todos os participantes votan os temas, habitualmente, pegando un adhesivo en cada un dos post-its que lle interesan.
Tras a votación, ordénanse os temas de máis votos a menos e chega a quenda de debater. A persoa que propuxo o tema para tratar expono e, salvo que prefira delegar este rol, encárgase de dirixir o debate.
Unha vez a conversación se de por acabada, sáltase ao seguinte tema a tratar. Habitualmente establécese un límite máximo para charlar e, unha vez esgotado o tempo, se o debate segue aberto exponse aos asistentes se queren seguir ou cambiar ao seguinte tema da lista… e así ata finalizar o meetup.
Haberá charleta post-evento?
Por suposto, tras o meetup teremos o noso momento distendido de charla, como debe ser.
Xa sabedes como nolas gastamos grazas aos nosos colaboradores Boardfy e Borneo a través da súa vertical de negocio Privacy Ops (anteriormente coñecida como Pridatect)
Para participar debes de realizar a túa inscrición gratuita en meetup.
Esta actividade está patrocinada pola Xunta de Galicia e pola Axencia Para a Modernización Tecnolóxica (AMTEGA).