O evento inclúe a comida. Ponte en contacto coa organización se precisas unha dieta individualizada.

Coderetreat é un evento dun día completo para practicar o desenvolvemento de software. Lonxe da presión de “facer as cousas”, as programadoras exploramos e desenvolvemos o noso xeito de crear código aplicando boas técnicas de programación. Traballamos xuntas creando código e compartindo experiencia.

Plantéxase un problema cosa complexidade suficiente para xerar unha aprendizaxe enriquecedora. Construíndo repetidamente unha implementación, engadindo retos adicionais e cambiando frecuentemente compañeiras de traballo, Code Retreat é un marco para a aprendizaxe contínua de como construir mellor o software.

Traballaremos sobre o problema do “Xogo da Vida” de Conway, organizadas en pequenos equipos de dúas ou tres persoas, facendo varias iteracións ó longo do día. En cada iteración voltaremos a empezar de cero, cambiando a composición dos grupos e engadindo novas restriccións.

Esta charla terá lugar o vindeiro sábado 9 de novembro entre as 10:00 e as 17:00 no local da asociación na rúa Gregorio Espino, 38, entreplanta 3, 36205 Vigo, Pontevedra.

Para participar debes de realizar a túa inscrición gratuita en meetup.

Organizan A Industriosa e CraftersVigo

Colaboran Qualifyze, Boardfy