O vindeiro xoves 16 de outubro, en colaboración co grupo de usuarios de Python Vigo, con Miguel González veremos as novidades que trae o Python 3.14.
Novidades de Python 3.14 por Miguel González
Amosaranos as novidades desta nova versión; cadeas de plantilla (t-strings), avaliación diferida das anotacións e soporte oficial para intérpretes múltiples e modelo sen GIL.
Lightning Talks
Quen o desexe ten a oportunidade de contarnos algo en 5 minutos cronometrados
Esta actividade está patrocinada pola Xunta de Galicia e pola Axencia Para a Modernización Tecnolóxica (AMTEGA).
Máis información en python-vigo.