O vindeiro xoves 21 de agosto, en colaboración co grupo de usuarios de Python Vigo, con Jorge Muñoz veremos o código de dúas ferramentas para terminal “feitas na casa” para resolver problemas do día a día no traballo.

Programando TUIs para mellorar a túa produtividade. por Jorge Muñoz

Nesta charla veremos o código de dúas ferramentas para terminal “feitas na casa” para resolver problemas do día a día no traballo.

Lightning Talks

Quen o desexe ten a oportunidade de contarnos algo en 5 minutos cronometrados

Esta actividade está patrocinada pola Xunta de Galicia e pola Axencia Para a Modernización Tecnolóxica (AMTEGA).

Máis información en python-vigo.