O vindeiro xoves 19 de xulo, en colaboración co grupo de usuarios de Python Vigo, con Francisco Puga veremos como migrar un blog a Material for MkDocs e que vantaxes nos ofrece.

De WordPress a Material for MkDocs. Cómo e porqué. por Francisco Puga

Nesta charla migraremos en directo un blog de WordPress a Material for MkDocs. Falaremos sobre por que ter un blog e comentaremos outras opcións de páxinas estáticas con Python.

Lightning Talks

Quen o desexe ten a oportunidade de contarnos algo en 5 minutos cronometrados

Esta actividade está patrocinada pola Xunta de Galicia e pola Axencia Para a Modernización Tecnolóxica (AMTEGA).

Máis información en python-vigo.