O vindeiro xoves 24 de abril, en colaboración co grupo de usuarios de Python Vigo, nesta ocasión temos charla e Lightnings talks.
De Django ao teu móbil: como crear apps con python por Sergio Alonso
Veremos como crear unha aplicación server-driven utilizando un dos frameworks máis populares: Django, en combinación con Hyperview.
Lightning Talks
Quen o desexe ten a oportunidade de contarnos algo en 5 minutos cronometrados
Esta actividade está patrocinada pola Xunta de Galicia e pola Axencia Para a Modernización Tecnolóxica (AMTEGA).
Máis información en python-vigo.
