O vindeiro xoves 20 de novembro, en colaboración co grupo de usuarios de Python Vigo, os membros do equipo de Python Vigo ofrécennos unha sesión de debriefing completamente aberta sobre a PyConES 2025.

Resumen PyConES 2025

Os membros do equipo de Python Vigo ofrécennos unha sesión de debriefing completamente aberta. Esta sesión é, ante todo, unha invitación directa á conversa. Anímase ás persoas asistentes a preguntar libremente sobre calquera aspecto do congreso: dende o contido de ponencias específicas ata os speakers ou a experiencia xeral do evento.

Lightning Talks

Quen o desexe ten a oportunidade de contarnos algo en 5 minutos cronometrados mini demos, trucos ou librarías.

Esta actividade está patrocinada pola Xunta de Galicia e pola Axencia Para a Modernización Tecnolóxica (AMTEGA).

Máis información en python-vigo.