Se queres descubrir o fascinante mundo do deseño 3D, este obradoiro é para ti!
Durante dúas sesións, os días 12 e 26 de setembro, de 18:00 a 20:00, aprenderás a utilizar Blender, unha das ferramentas máis potentes e versátiles para crear modelos tridimensionais.
Neste obradoiro práctico e accesible, guiarémoste paso a paso para que coñezas as técnicas básicas do modelado poligonal en estilo Low Poly, unha tendencia artística que destaca pola súa simplicidade e expresividade. Desde a creación das formas fundamentais ata a aplicación de texturas, iluminación e renderizado final, explorarás todas as fases do proceso creativo.
Recoméndase ter coñecementos básicos da interface de Blender para aproveitar ao máximo o obradoiro, aínda que tamén orientaremos aos que están a comezar para que se sintan cómodos e poidan seguir sen problemas.
Non importa se non tes experiencia previa en modelado, o noso obxectivo é que ao rematar o taller sexas capaz de deseñar os teus propios mundos e personaxes en 3D, dándolles vida con ferramentas profesionais e sen complicacións.
Aproveita esta oportunidade para ampliar os teus coñecementos, potenciar a túa creatividade e entrar nun sector en constante crecemento como é o da animación, os videoxogos, a visualización arquitectónica, a fabricación dixital, e moito máis.
Para participar debes de realizar a túa inscrición gratuita en meetup (Próximamente).
Esta actividade está patrocinada pola Xunta de Galicia e pola Axencia Para a Modernización Tecnolóxica (AMTEGA).
